-
Xornada de Networking Transfronteirizo. Proxecto Spin_UP
09 de novembro de 2020
Dende Uninova estamos a organizar para o vindeiro día 25 de novembro, unha xornada de networking transfronteirizo entre o tecido produtivo (industria, empresas, proxectos empresariais, etc...) e a oferta dos axentes xeradores de coñecemento (USC, Universidade do Porto, departamentos de investigación das empresas). O obxectivo da xornada é fomentar a colaboración entre ambos grupos para o intercambio de coñecemento e experiencia, así como valorar as posibilidades de negocio conxuntas.
-
PROGRAMA AKADEMIA Edición 2020-2021
09 de outubro de 2020
(Programa de Innovación on line gratuíto para alumnos da USC) A AVTE da USC e Uninova están a organizar en colaboración coa Fundación Innovación Bankinter unha nova edición do Programa de Innovación AKADEMIA e, nesta ocasión e debido as circunstancias especiais que estamos vivindo, ven con novidades moi interesantes. En primeiro lugar, vaise facer un programa on line con tres convocatorias distintas para intentar adaptarse mellor aos distintos horarios do alumnado. Por outra banda, os alumnos terán a oportunidade de integrarse en grupos formados por alumnos das catro universidades participantes (USC, Universitat Politècnica de València, Universitat Pompeu Fabra e Universidad Loyola). Por último, e a diferencia dos anos anteriores, a participación na presente edición terá carácter gratuíto para os alumnos da USC.
-
Concurso ideas e proxectos SPIN_UP
Do 06 de xullo de 2020 ao 30 de setembro de 2020
Uninova, como líder do proxecto Spin_Up “Definición e implementación de núcleos locais de transferencia para a promoción de SpinOffs Universitarias e StarUps innovadoras”, organiza un concurso de proxectos innovadores destinado a toda a comunidade universitaria galega. Procúranse ideas innovadoras que plantexen solucións a necesidades actuais da industria na área de Santiago de Compostela.
-
Proxecto Spin_Up
30 de marzo de 2020
Uninova lidera o proxecto Spin_Up "Definición e implementación de NLT para a promoción de SpinOffs Universitarias e StartUps innovadoras”
-
Santiago acolle, o 25 de novembro , a presentación do Proxecto Spin_UP, que pretende impulsar novas iniciativas empresariais.
18 de novembro de 2019
O evento contará coa presencia do conferenciante Javier Cebreiros, que entre outras empresas, colabora con TVE, Atresmedia ou INDITEX As persoas interesadas en asistir deberán inscribirse previamente a través do correo info@spinup-project.eu ou no teléfono 986 419 922 (extensión 2031) A incubadora Uninova, como beneficiario principal, a Xunta de Galicia ou a Cámara de Comercio de Santiago de Compostela son algunhas das entidades socias deste proxecto europeo
-
Programa Akademia.Transfórmate e impulsa o teu futuro!
Do 27 de setembro de 2019 ao 01 de decembro de 2019
¡Ampliado prazo de inscrición ata o 15 de novembro! Un programa intensivo de 10 semanas so para os mellores perfís seleccionados en 9 universidades españolas. Un aprendizaxe onde debates cara a cara con profesionais de primer nivel. Unha experiencia que transforma o percorrido profesional e personal de cada alumno. Unha comunidade que premia o coñecemento, queremos coñecerte! Unha viaxe onde aprendes xunto con compañeiros con perfis moi diferentes ao teu. Unha oportunidade que non podes deixar. 25 PRAZAS (alumnos de últimos cursos de grao e postgrao de calquera titulación). 30 HORAS (diploma final). Prezo para alumnos da USC: 50€. Manda a túa carta de motivación e inscríbete!
-
Aberto prazo de inscrición Argos 2019
Do 01 de outubro de 2019 ao 31 de maio de 2020
Traballo en equipo e ‘aprender facendo’ son as claves do Programa Argos da USC, que mantén aberta ata o 15 de novembro a súa inscrición para o alumnado de posgrao, máster, doutoramento ou últimos anos de grao, titulados/as das últimas promocións e persoal ou colaboradores integrados en grupos de investigación dos campus de Santiago e Lugo.
-
1ª REUNION DE SOCIOS PROXECTO SPIN_UP .
Do 16 de xullo de 2019 ao 31 de decembro de 2021
O 16 de xullo de 2019, tivo lugar no Edificio Emprendia a primeira reunión de socios do proxecto SPIN_UP “Definición e implementación de NLT para a promoción de SpinOffs Universitarias e StartUps innovadoras” que, liderado por Uninova, está co- financiado polo Programa de Cooperación INTERREG V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020.
-
Xornada de presentación de resultados do Programa Erasmus for Young Entrepreneurs
Do 02 de xaneiro de 2019 ao 27 de xaneiro de 2019
UNINOVA, a incubadora de empresas da Universidade de Santiago de Compostela e do Concello de Santiago, organiza unha xornada para presentar os resultados acadados no marco do programa europeo de mobilidade ERASMUS for Young Entrepreneurs , do cal Uninova é Intermediary Organisation, o venres 25 de xaneiro de 2019 no Edificio Emprendia da Universidade de Santiago (Campus Vida), en horario de 9.00h. a 16.00h.
-
Ampliado o prazo de inscrición ao Programa Argos Edición 2018 ata o 5 de decembro de 2018
Do 02 de outubro de 2018 ao 31 de xullo de 2019
Traballo en equipo e ‘aprender facendo’ son as claves do Programa Argos da USC, que mantén aberta ata o 5 de decembro a inscrición para alumnado de posgrao, máster, doutoramento ou últimos anos de grao, titulados/as das últimas promocións e persoal ou colaboradores integrados en grupos de investigación.
Incubadora de empresas
innovadoras
