UNINOVA

InnovatiaEdificio Emprendia

INICIO QUIENES SOMOS SERVICIOS DOCUMENTOS TIENES UNA IDEA?
 


 
GALEGO
ESPANOL
 
 
eventos


 
noticias
 
   
 
Erasmus Jovenes

RedEmprendia
 
Red Incuba.
 
eventos
noticias
contacto
quienes somos
servicios
documentos
idea
 
eventos
 


REDINCUBA

REDINCUBA, Rede de Incubadoras de Empresas Tecnolóxicas e Innovadoras, é unha entidade sen ánimo de lucro promovida por Uninova, cuxo obxectivo principal é ser un instrumento de referencia en materia de creación de empresas, así como un elemento integrador e facilitador da cooperación entre os axentes implicados na creación de novas iniciativas empresariais, favorecendo a súa posterior consolidación no mercado.

Photo

(09/01/2012)  Uninova, coñecedora da existencia dunha masa crítica de unidades de incubación e viveiros de empresas orientados a fomentar iniciativas innovadoras e tecnolóxicas que xurden a partir de resultados de I+D+i así como empresas cualificadas como IEBT (Iniciativas de Emprego de Base Tecnolóxica ), impulsou a creación de Redincuba dentro dun proxecto de cooperación denominado “incuba.t.net” no que se integraron os viveiros e centros de iniciativas empresariais das tres universidades galegas, o CEI-Nodus, CIE A Granxa- Consorcio Zona Franca de Vigo, Cidade Tecnolóxica de Vigo (Citexvi), Fundación Cel e Tecnópole. O proxecto foi cofinanciado no marco de convocatorias de axudas da Secretaría General de Industria do Ministerio de Industria, Turismo y Comercio (MITYC), dentro do “Programa Emprendemos Juntos“, convocatoria de axudas para centros de apoio a emprendedores.

A Rede facilita, dentro da Comunidade Autónoma Galega, o intercambio de boas prácticas e metodoloxías no eido da incubación, a transferencia de tecnoloxía así como da xestión da innovación e da súa sistematización contribuíndo a unha mellora nos servizos ofertados e conseguindo, deste xeito, proporcionar uns servizos de alto valor engadido aos promotores das empresas innovadoras e de base tecnolóxica.

A colaboración entre distintos axentes do sistema galego de creación de empresas innovadoras e de base tecnolóxica permitirá un mellor coñecemento mutuo así como a realización de actividades conxuntas, en especial entre PEMES, incubadoras e axentes especializados en creación de empresas de base tecnolóxica.

Desde Redincuba se pretende complementar os esforzos das entidades que forman parte da asociación e que impulsan a creación e o desenvolvemento de novas iniciativas empresariais innovadoras creando unha oferta de servizos máis especializada e adaptada ás verdadeiras necesidades dos emprendedores.

O obxectivo xeral que se persegue desde a asociación é a especialización, complementación e formación do persoal directivo e técnico das incubadoras membros da Rede, co gallo de lograr unha mellor calidade nos servizos e incrementar a oferta dos mesmos para conseguir deste xeito a creación dun maior número de empresas innovadoras e de base tecnolóxica, así como facilitar a consolidación no mercado das que xa se atopan en fase de post incubación.

Os obxectivos específicos da Rede son os seguintes:
 Defender, representar, promover e salvagardar os intereses xerais das incubadoras asociadas e do conxunto do sector.
 Potenciar e reclamar dos organismos competentes a promoción, creación e mantemento das incubadoras empresariais.
 Fomentar o benchmarking entre incubadoras.
 Crear e manter a Rede ou as redes de expertos en incubación de empresas que permitan, entre outras, ofrecer servizos avanzados en consultoría de empresas.
 Procurar a mellora da produtividade das empresas promovidas.
 Procurar a participación en redes nacionais e internacionais de apoio ao emprendemento tanto por parte da propia Asociación como dos seus membros.
 Contribuír a incrementar e dinamizar a actividade económica, favorecendo o desenvolvemento equilibrado do territorio mellorando o emprego.
 Fomentar a colaboración con outras asociacións ou organizacións que persigan obxectivos iguais ou semellantes.
 Contribuír activamente á formación do persoal dos asociados e das empresas por elos promovidas na xestión de I+D+i.
 Fomentar a colaboración, cooperación e intercambio de servizos entre os asociados así como o traballo en rede.
 Contribuír activamente á consecución de melloras sociais, económicas e profesionais dos asociados e das empresas por eles promovidas.
 Contribuír activamente á formación, promoción e información dos asociados e a difusión das súas actividades.

A xunta directiva de Redincuba está integrada polos seguintes membros:
 Presidente: o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, en calidade de presidente do consello de administración de Uninova.
 Vicepresidente primeiro: o reitor da Universidade de Vigo, en calidade de presidente da Fundación da Universidade de Vigo.
 Vicepresidente segundo: o reitor da Universidade da Coruña.
 Secretario xeral: o director da Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da Universidade de Santiago de Compostela.
 Vogais:
- o conselleiro delegado do Parque Tecnolóxico de Galicia, S.A., en representación do Parque Tecnolóxico de Galicia, S.A.
- o xerente da Cidade Tecnolóxica de Vigo en representación da Cidade Tecnolóxica de Vigo, S.A. (CITEXVI).
- o presidente executivo da Fundación Cel, en representación da Fundación CEL
- o alcalde de Lugo, en calidade de presidente do CEI-Nodus do Concello de Lugo.
- a delegada especial do Estado para o Consorcio de la Zona Franca de Vigo, en calidade de representante legal do Cie-A Granxa.

REDINCUBA
Sede de Uninova
Edificio Emprendia
Campus Vida, s/n
Universidade de Santiago de Compostela
15782 Santiago de Compostela
Tel. +34 881 815 596/3
info@uninova.org

Photo
Firma da constitución da Rede
Photo
Presentación aos medios (16/11/2011)


 
TITULARES
 
PAIT
empresas incubadas
 
Relación de empresas incubadas e domiciliadas con UNINOVA.

ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
IMAGAMES 
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
---
 
(c) 2005 UNINOVA, Sociedade para a Promoción de Iniciativas Empresariais Innovadoras, S.L.  | Texto legal
AENOR