Programa Akademia.Transfórmate e impulsa o teu futuro!

Programa Akademia.Transfórmate e impulsa o teu futuro!

Do 27 de setembro de 2019 ao 01 de decembro de 2019

Xa está aberto o prazo de inscrición para que alumnos da USC participen nunha nova edición do curso de innovación AKADEMIA, organizado pola Fundación da Innovación Bankinter en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela e Uninova.

En Akademia os alumnos entrarán en contacto coas tendencias de innovación que xerarán valor no futuro inmediato. Durante o curso 2019-2020, e a partir dun material e unha metodoloxía diferentes, coñecerán unha nova forma de afrontar retos, traballar en equipo e desenvolver un proxecto innovador.  Akademia ofrece:

Unha plataforma online de formación cun material que inclúe os mellores casos de innovación e unha forma orixinal de interactuar coa formación de cada participante.

Unha metodoloxía innovadora. Por cada tendencia que se estuda, os alumnos terán a oportunidade de asistir a unha clase presencial cun experto e de participar en  encontros con emprendedores españois.

Xente diferente. Alumnado de perfís, titulacións e idades distintos.

A oportunidade de desenvolver un proxecto sobre unha idea innovadora cos compañeiros. Traballarase en equipos multidisciplinares co gallo de crear un prototipo, utilizando a metodoloxía que empregan as grandes empresas e start-up para a creación das súas ideas.

10 sesións prácticas de 2 horas acreditadas cun DIPLOMA final (30 horas).

Dirixido a ALUMNOS últimos cursos de GRAO e de MÁSTER dispostos a asumir o reto.

Prazas limitadas a 25 persoas. 

Inscrición aberta ata o 31/10/2019   PREZO PARA ALUMNOS DA USC: 50€

Máis información : https://www.fundacionbankinter.org/akademia

UNINOVA

rosamaria.sanchez@usc.esTel

881 815 596/3

  INSCRICIÓNS: https://www.fundacionbankinter.org/akademia/you/detalle-universidades/universidad-de-santiago-de-compostela

  1. Programa Akademia.Transfórmate e impulsa o teu futuro!

    Programa Akademia.Transfórmate e impulsa o teu futuro!

    Do 27 de setembro de 2019 ao 01 de decembro de 2019

  2. Aberto prazo de inscrición Argos 2019

    Aberto prazo de inscrición Argos 2019

    Do 01 de outubro de 2019 ao 31 de maio de 2020

  3. 1ª REUNION DE SOCIOS PROXECTO SPIN_UP .

    1ª REUNION DE SOCIOS PROXECTO SPIN_UP .

    Do 16 de xullo de 2019 ao 31 de decembro de 2021

  4. Xornada de presentación de resultados do Programa Erasmus for Young Entrepreneurs
  5. Ampliado o prazo de inscrición ao Programa Argos Edición 2018 ata o 5 de decembro de 2018

CONTACTO