Programa AKADEMIA Edición 2021-2022

Programa AKADEMIA Edición 2021-2022

30 de setembro de 2021

Como sacar partido ao teu coñecemento universitario?  

 Miraredes ao futuro e aprenderedes a analizar, interpretar e explotar as tendencias desde o que se sabe hoxe en día, así como a crear un produto/servizo innovador e sostible.

- Nun mundo dixitalizado, xa non so importa ser nativo dixital, é preciso tamén resolver os problemas que se nos presenten dun xeito diferente, así como estar familiarizado coa intelixencia artificial. Aprenderedes a desenvolver un algoritmo de intelixencia artificial que dará reposta de forma global e sostible ao problema que se propón nas sesións.

   Pódese aprender a innovar?

Si, e iso é o que ides facer!

Na sociedade do capital intelectual na que nos atopamos, sexa cal sexa o campo de coñecemento, é fundamental dominar ferramentas e metodoloxías que fan o coñecemento escalable e axudan na toma de decisións.

 Contidos do programa, ¿de que imos falar?

Recorreremos cos alumnos un atractivo e interesante programa ao longo de 8 sesións de 1 hora de duración cada una, que serán impartidas por diferentes expertos en formato debate.

Os contidos que trataremos van desde a innovación, a enerxía ou as telecomunicacións como base para aprender a innovar e adiviñar tendencias, ata contidos máis específicos como big data ou algoritmos que permitan entender o concepto de intelixencia artificial para aplicalo nos vosos propios campos de coñecemento.

 Sesións do curso:

Sesión 1 — A innovar apréndese
Saca partido ao que estás estudando.
Sesión 2 — Enerxía
Todo o que precisas saber sobre ela.
Sesión 3 — Telecomunicacións
Ferramenta básica do proceso innovador.
Sesión 4 — Team Work: Futuro
Como será o mundo en 2030? Fai unha predición partindo do que sabes.
Sesión 5 — Algoritmos
Toma decisións baseadas en datos.
Sesión 6 — Intelixencia artificial
Por que aínda non sabemos resolver problemas como a condución autónoma?
Sesión 7 — O futuro Cuántico
Escoitaches falar de quantum computing, pero, como se aplica?
Sesión 8 — Team Work: Resolve!
Produce resultados de forma diferente e presenta o teu propio algoritmo de IA.

Para a inscrición… 

Nesta edición, teremos 3 convocatorias, luns, mércores e venres, en 3 horarios diferentes, para que poidades inscribirvos no día que mellor se axuste ás vosas axendas. Os grupos serán de 25-30 cada un deles. 

 Tes que enviar o teu currículo, o teu perfil en linkedin ou unha carta de motivación ao enderezo akademiafibk@bankinter.com ou ben, rexistrarte a través da páxina web https://www.fundacionbankinter.org/akademia indicando no teu rexistro que eres alumno da USC.  

 Para máis información, podedes poñervos en contacto con UNINOVA en rosamaria.sanchez@usc.es ou no teléfono +34 881 815 596. 

 O calendario das sesións é o seguinte: 

  •  Convocatoria 1

Luns de 16.00 a 17.00 h.

Duración: do 15 de novembro de 2021 ao 14 de febreiro de 2022

Data límite de inscrición: venres, 29 de outubro de 2021

  •   Convocatoria 2

Mércores de 12.30 a 13.30 h

Duración: do 3 de novembro de 2021 ao 9 de febreiro de 2022

Data límite de inscrición: venres, 22 de outubro de 2021

  •   Convocatoria 3

Venres de 12.00 a 13.00 h

Duración: do 29 de outubro de 2021 ao 17 de decembro de 2021

Data límite de inscrición: xoves, 14 de outubro

CONTACTO

Localización

UNINOVA

Edificio Cersia Empresa

Rúa do Alcalde Raimundo López Pol
15707 Santiago de Compostela, A Coruña - SPAIN

+34 981 542 494