PROGRAMA AKADEMIA Edición 2022-2023 Curso de Innovación on line gratuíto para alumnos da USC

PROGRAMA AKADEMIA Edición 2022-2023 Curso de Innovación on line gratuíto para alumnos da USC

Do 22 de setembro de 2022 ao 23 de decembro de 2022

Programa Akademia

O teu futuro empeza  hoxe  Lánzate!

Un programa innovador con expertos de referencia internacional que te axudará a coller as rendas do teu futuro e a levar a túa carreira ao seguinte nivel. 

Cal é o seguinte paso que queres dar na túa carreira? Que futuro queres construír para ti? Es capaz de ir contracorrente?

Se te tes feito estas preguntas, o programa Akademia é para ti. Queremos estudantes que non se conformen, que sexan proactivos á hora de decidir que queren facer co seu futuro, que se atrevan a desafiar o camiño establecido e busquen o seu propio. Aceptas o desafío?

Metodoloxía

8 sesións en directo de 1 hora

12 expertos

90 prazas

30 por convocatoria

Empezamos desde 0

As sesións que cambiarán o teu futuro

Cada unha das nosas sesións será guiada por un experto de referencia internacional no seu campo, persoas con experiencia, coñecemento e visión que te presentarán cada unha das súas áreas desde unha perspectiva que non tiveras visto ata o de agora.

Sesión 1  Innovación 

Sesión 2  Enerxía

Sesión 3  Telecomunicacións

Sesión 4  Team Work

Sesión 5  Big Data

Sesión 6  Algoritmos

Sesión 7  Mundo Cuántico

Sesión 8  Team Work

Elixe a túa convocatoria!

Tres horarios distintos para que escollas o que mellor se adapta ao teu día a día.

Podes consultar o calendario completo de sesións aquí.

Convocatoria 1

Luns de 16 a 17 horas  Duración: 24 de outubro a 23 de xaneiro 2023  Data límite de inscrición: 14 de outubro

Convocatoria 2

 Mércores de 12:30 a 13:30 horas  Duración: 19 de outubro a 1 de febreiro 2023  Data límite de inscrición: 14 de outubro

Convocatoria 3

Venres de 12 a 13 horas  Duración: 14 de outubro a 2 de decembro 2023  Data límite de inscrición: 30 de setembro

Eles xa viviron Akademia

«Grazas a esta oportunidade puiden aprender sobre diferentes campos con expertos que sempre se mostraron moi próximos e nos resolveron calquera dúbida. E, sobre todo, puiden traballar con persoas incribles doutras carreiras, mentres no programa nos ían guiando e ensinando a mellor maneira de resolver o caso práctico». 

«Abriume os ollos a todas as posibilidades que existen e que nin sequera coñecía, como que ao cambiar unha pequena cousa nun produto, pódese cambiar radicalmente o mercado. E amosoume cousas incribles que se poden realizar cando se xunta a un grupo de expertos de diferentes campos». 

«Abriuse unha nova opción de crecemento para a miña vida persoal e profesional grazas á exposición que tiven, a través de Akademia a temas de grande importancia e de aplicación presente e futura».

· Participarás nun programa que te axudará a que a túa carreira non se estanque e manteña o ritmo dun mundo imparable.

· Coñecerás persoas que teñen as mesmas inquedanzas que ti tes.

· Descubrirás un punto de encontro enriquecedor no que se dan cita estudantes de todo tipo de carreiras.

· Explorarás como a innovación se aplica nun contorno práctico e útil. 

-Afinarás o teu instinto para detectar as tendencias que deseñarán o futuro.

· Non é preciso ningún requisito adicional no teu currículo académico.

Infórmate 

Se queres saber máis sobre como Akademia pode abrirte as portas a un futuro innovador e diferente, descárgate o pdf con toda a  información do noso programa no seguinte enlace: https://www.fundacionbankinter.org/programas/akademia/?_adin=02021864894

Inscríbete

 Entra na páxina web do Programa https://www.fundacionbankinter.org/programas/akademia/?_adin=02021864894 , cubre os teus datos,  o teu perfil en linkedin e a túa motivación para participar, ou ben envía o teu CV e unha carta de motivación ao correo akademiafibk@bankinter.com indicando no teu rexistro que eres alumno da USC.

Para máis información, podedes poñervos en contacto con UNINOVA en rosamaria.sanchez@usc.es ou no teléfono +34 881 815 596. 

CONTACTO