Aberto prazo de inscrición Argos 2019

Aberto prazo de inscrición Argos 2019

Do 01 de outubro de 2019 ao 31 de maio de 2020

Traballo en equipo e ‘aprender facendo’ son as claves do Programa Argos da USC, que mantén aberta ata o 8 de novembro a súa inscrición para o alumnado de posgrao, máster, doutoramento ou últimos anos de grao, titulados/as das últimas promocións e persoal ou colaboradores integrados en grupos de investigación dos campus de Santiago e Lugo.   Argos está baseado en tres ideas: a complementariedade de perfís persoais e profesionais no equipo; a presenza dunha persoa con coñecementos de xestión empresariais; e o acceso á carteira de resultados de investigación da USC que poderán ser empregados como a base do seu plan de empresa. O seu obxectivo é conformar equipos multidisciplinares aos que se lles facilitará acompañamento e asesoramento no proceso de definición dunha idea de negocio ademais de avaliar a súa capacidade para chegar a constituír un proxecto empresarial convincente.   O programa comeza a última semana de novembro con entrevistas aos participantes, seguida da constitución dos equipos multidisciplinares con 4 ou 5 integrantes que, finalmente, desenvolverán un plan de empresa titorizados por persoal de Argos para presentalo ante un xurado. Haberá tamén unha sesión de adestramento en exterior (outdoor training) e de traballo en equipo.   Premios Ao remate do programa os plans entregados poderán optar a algunhas das dúas categorías de premios establecidas e dotadas con 3.000 euros cada unha (Argos Spin para proxectos baseados en resultados de investigación da USC, e Argos Enxeño para os xurdidos de ideas propias ou empresas do contorno de Santiago e Lugo) e seis meses de acceso gratuíto a espazos de incubación.   A inscrición pode facerse cumprimentando o formulario dispoñible en http://www.uninova.org/ ou en http://www.usc.es/avte/emprendemento.html, que deberá remitirse por correo electrónico a argos@usc.es. As persoas interesadas poden acadar máis información nos teléfonos 881.815.593 / 596 ou 982 822 854.   Argos é unha iniciativa conxunta da Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da USC (AVTE) e da incubadora de empresas Uninova coa colaboración das facultades de Ciencias Económicas e Empresariais de Santiago e de Administración e Dirección de Empresas de Lugo. O programa conta ademáis co apoio da Deputación de Lugo, IGAPE e GAIN.

Ficha de inscrición: prema aquí

  1. Programa Akademia.Transfórmate e impulsa o teu futuro!

    Programa Akademia.Transfórmate e impulsa o teu futuro!

    Do 27 de setembro de 2019 ao 01 de decembro de 2019

  2. Aberto prazo de inscrición Argos 2019

    Aberto prazo de inscrición Argos 2019

    Do 01 de outubro de 2019 ao 31 de maio de 2020

  3. 1ª REUNION DE SOCIOS PROXECTO SPIN_UP .

    1ª REUNION DE SOCIOS PROXECTO SPIN_UP .

    Do 16 de xullo de 2019 ao 31 de decembro de 2021

  4. Xornada de presentación de resultados do Programa Erasmus for Young Entrepreneurs
  5. Ampliado o prazo de inscrición ao Programa Argos Edición 2018 ata o 5 de decembro de 2018

CONTACTO