CURSO DE INNOVACIÓN AKADEMIA USC (EDICIÓN 2018-2019)

CURSO DE INNOVACIÓN AKADEMIA USC (EDICIÓN 2018-2019)

Do 17 de setembro de 2018 ao 25 de xaneiro de 2019

En Akademia coñecerás as tendencias de innovación que xerarán valor no noso futuro inmediato. Durante o curso 2018-2019 e a partir dun material e unha metodoloxía diferentes, coñecerás unha nova forma de afrontar retos, traballar en equipo e desenvolver un proxecto innovador.

Akademia ofrece:

  • Unha plataforma online de formación onde atoparás todo o material, os mellores casos de innovación e unha forma orixinal de interactuar coa túa formación
  • Unha metodoloxía innovadora. Por cada tendencia que estudemos, terás a oportunidade de asistir a unha clase presencial cun experto do noso claustro e participarás en  encontros con emprendedores españois
  • Xente diferente. Entrarás en contacto con alumnado de perfís, titulacións e idades distintos.
  • A oportunidade de desenvolver un proxecto sobre unha idea innovadora cos teus compañeiros. Traballaredes en equipos multidisciplinares co gallo de crear un prototipo, utilizando a metodoloxía que empregan as grandes empresas e start-up para a creación das súas ideas. Defenderedes o voso prototipo ao final do curso ante un xurado formado por emprendedores, potenciais inversores e expertos do claustro. O equipo gañador obterá un premio para poder facer realidade o seu proxecto.
  • Posibilidade de realizar prácticas en empresas colaboradoras ao finalizar o curso.

 11 sesións acreditadas cun DIPLOMA final (30 horas).

 Dirixido a ALUMNOS DE GRAO E PROSGRAO dispostos a asumir o reto.

Prazas limitadas a 25 persoas.  

Podes inscribirte antes do 02/11/2018

Prezo do curso: 200€

A Universidade subvenciona o 75%

PREZO ALUMNO DA USC: 50€  

Coñece a experiencia doutros alumnos da USC de Akademia en https://www.fundacionbankinter.org/akademia/you/detalle-universidades/universidad-de-santiago-de-compostela

Máis información

UNINOVA

rosamaria.sanchez@usc.es / monica.suarez@usc.es

Tel 881 815 596/3

No seguinte enlace atoparás toda a información sobre o curso:

https://www.fundacionbankinter.org/blog/noticia/akademia/descubre-tu-futuro-inscribete-en-akademia

Para inscribirse no curso, os alumnos deben enviar a súa carta de motivación a través dun formulario da web:

https://www.fundacionbankinter.org/akademia/you?utm_source=Universidades&utm_campaign=Akademia

Folleto

CONTACTO

Localización

UNINOVA

Edificio Cersia Empresa

Rúa do Alcalde Raimundo López Pol
15707 Santiago de Compostela, A Coruña - SPAIN

+34 981 542 494