Presentación do programa Erasmus for Young Entrepreneurs a empresarios

Presentación do programa Erasmus for Young Entrepreneurs a empresarios

Do 19 de xaneiro de 2018 ao 01 de febreiro de 2018

UNINOVA e a ÁREA EMPRESARIAL DO TAMBRE organizan unha Presentación do Programa “ERASMUS para Novos Emprendedores” coa finalidade de dar a coñecer aos empresarios galegos esta iniciativa da Unión Europea. Este programa permite que empresarios de Pequenas e Medianas Empresas, con experiencia, acollan nas súas empresas a un novo emprendedor doutro país da Unión Europea, por un período de entre 1 e 6 meses, de xeito totalmente gratuíto.

VANTAXES PARA OS EMPRESARIOS DE ACOLLIDA:

  • Chegada de novas ideas e puntos de vista que contribuirán positivamente ao desenvolvemento da empresa.
  • Mellor coñecemento sobre mercados estranxeiros, incluíndo posibles contactos estratéxicos, e incrementando así as posibilidades e oportunidades de internacionalización.
  • Mellora do crecemento potencial da empresa a través de novas oportunidades de negocio co novo emprendedor.
  • Posibilidade de interactuar con outras empresas europeas de acollida pasando a formar parte dunha rede europea de empresarios de éxito.
  • Aumento da visibilidade e do prestixio do negocio pola repercusión pública do programa ERASMUS.
  • Acceso ao uso da imaxe do programa da Unión Europea, así como ao certificado oficial de participación como empresario de acollida.

DESTINATARIOS

  • Propietarios
  • Xerentes
  • Persoas que formen parte do consello de administración da empresa

LOCALIZACIÓN E DATA

Centro Empresarial do Tambre
Vía Edison, núm. 1
Polígono Industrial do Tambre
Santiago de Compostela

Data: 1 de febreiro de 2018
Hora: 9.30 a.m.

INSCRICIÓNS

Inscrición gratuíta enviando un correo electrónico indicando o nome do participante, o seu cargo e a entidade á que pertence a rosamaria.sanchez@usc.es antes do mércores 31 de xaneiro de 2018.

MÁIS INFORMACIÓN

UNINOVA
Tel. 881 815 596 / 881 815 593
Correo electrónico: rosamaria.sanchez@usc.es
Web: www.uninova.org

CONTACTO