Xornada de presentación de resultados do Programa Erasmus for Young Entrepreneurs

Xornada de presentación de resultados do Programa Erasmus for Young Entrepreneurs

Do 02 de xaneiro de 2019 ao 27 de xaneiro de 2019

Este programa permite que emprendedores cun plan de empresa elaborado e/ou cunha PEME xa creada pero que conte con menos de tres anos de experiencia levando a súa propia empresa poidan realizar unha estadía formativa de entre 1 e 6 meses cun empresario experimentado doutro país da Unión Europea , dun grupo de países participantes (entre eles, Albania, Armenia, Bosnia-Herzegovina, Antiga República de Iugoslavia, República de Macedonia, Islandia, Montenegro, Moldavia, Serbia, Turquía e Ucraína) e desde abril de 2018 tamén de Estados Unidos (estados Nova York e Pensilvania), Singapur e Israel (nestes casos, a duración máxima da estadía é de 3 meses).  Os emprendedores recibirán unha bolsa por parte da Unión Europea cuxo importe dependerá do país no que se realice a estadía.

Durante esta xornada, ademais dos resultados acadados polo consorcio liderado por Uninova no marco do Programa ERASMUS para novos emprendedores no último ciclo do mesmo (ciclo 9 -2017-2019), vanse presentar os programas de apoio ao emprendemento da Universidade de Santiago, vaise contar con expertos internacionais no eido do emprendemento (en especial no emprendemento femenino e no sector TIC) e teremos a oportunidade de escoitar, de primeira man, as experiencias de tres emprendedores e dun empresario de acollida que participaron xa no Programa con Uninova.

A xornada está aberta ao público e a inscrición é gratuíta, previo rexistro enviando un email a rosamaria.sanchez@usc.es antes do 24 de xaneiro.

Consulta o Programa.

Para máis información:

UNINOVA
Edificio Emprendia

Campus Vida, s/n

Universidade de Santiago de Compostela
15782 Santiago de Compostela
SPAIN
Tel.: +34 881 815 596

e-mail: rosamaria.sanchez@usc.es

 

CONTACTO