Xornada de Networking Transfronteirizo. Proxecto Spin_UP

Xornada de Networking Transfronteirizo. Proxecto Spin_UP

09 de novembro de 2020

Esta actividade enmárcase dentro do proxecto Spin Up (Programa INTERREG V-A España – Portugal (POCTEP) 2014-2020 ) e as súas áreas prioritarias de actuación son: Agro-bio, industria alimentaria; Industria creativa, TIC, Turismo; Industria da transformación 4.0; Saúde-envellecemento activo.

Os participantes terán a oportunidade de manter encontros de networking individuais, de carácter virtual, cos inscritos na xornada que sexan do seu interese. As reunións serán organizadas e axendadas, según dispoñibilidade, a partires das 10:30 da mañá.

A web da xornada conta cun espazo para que, todos os interesados, poidan subir un pequeno vídeo explicativo de presentación.

 
O prazo de inscrición estará aberto ata o vindeiro martes día 10 de novembro.

Mais información e inscrición: http://jornadanetworking.spinup-project.eu/

Outra información do proxecto: https://spinup-project.eu/proyecto-spin-up/

 

CONTACTO