Programa YUZZ-EXPLORER Ed. 2017-2018

27 de novembro de 2017

Comeza o programa Explorer ‘Jóvenes con ideas’ con mais de 40 prazas para unha nova xeración de emprendedores da USC

  • Explorer “Jóvenes con ideas” brindará de forma gratuíta formación, apoio e mentoring a mozos de Santiago e Lugo de entre 18 a 31 anos que queiran desenvolver proxectos innovadores.
  • O programa, promovido polo Banco Santander a través de Santander Universidades e coordinado polo CISE, forma parte da nova estratexia global Santander X e conta co apoio da Universidade de Santiago de Compostela e a Xunta de Galicia.
  • Explorer premiará aos mellores emprendedores dos Explorer Space de Santiago de Compostela e Lugo con un viaxe a Silicon Valley e lles permitirá optar a 60.000 euros en financiación.

Os emprendedores universitarios da USC de entre 18 y 31 anos poden inscribirse ata o 8 de decembro no programa Explorer ‘Jóvenes con Ideas’ que impulsa o talento da mocidade e a xeración de proxectos innovadores nun entorno dixital, aberto e colaborativo. Esta iniciativa, impulsada polo Banco Santander a través de Santander Universidades é coordinada polo CISE (Centro Internacional Santander Emprendimiento), representa a evolución de Santander YUZZ, un programa que nas súas oito edicións anteriores potenciou os proxectos de máis de 4.200 mozos emprendedores e xerou centos de empresas en todo o país. As vantaxes que tiveron miles de participantes nos programas de emprendemento impulsados polo Santander, Explorer suma a posibilidade de formar parte do maior ecosistema de emprendemento universitario do mundo a través da plataforma global Santander X, www.jointheX.org, que xa conta con mais de 40 universidades adheridas de distintos países, e convértese en punto de encontro de emprendedores, universidades e posibles socios e inversores de todo o mundo.

Grazas a esta incorporación, os participantes de Explorer poderán contactar con mozos do resto do mundo, gañar proxección internacional, xerar novas oportunidades para as súas startups nun entorno aberto, dixital e colaborativo e participar nunha iniciativa en rede que conta coa colaboración e participación activa de mais de 150 institucións públicas e privadas como a Fundación EY, Indra, Secot e Netberry. Os seleccionados poderán beneficiarse do acceso aos espazos Explorer Space da USC (Santiago e Lugo), un centro de coworking de alto rendemento onde desenvolverán as súas ideas de forma colaborativa, se conectarán con outros emprendedores e recibirán asesoramento personalizado e formación dunha rede de mais de 200 expertos en innovación e modelos de negocio. Comunidade, impulso e financiación Ao finalizar os cinco meses de formación e ideación, o proxecto mellor valorado de cada un dos espazos Explorer Space (Santiago de Compostela e Lugo) viaxará a Silicon Valley, o referente mundial en innovación e emprendemento, xunto a outros 50 emprendedores de todo o país onde recibirán clases maxistrais en empresas tecnolóxicas punteiras, asesoramento en internacionalización e contacto con inversores. Ademais, os tres mellores proxectos recibirán 30.000, 20.000 y 10.000 euros para acelerar o seu desenvolvemento.

Grazas á colaboración coa Fundación EY, Explorer conta tamén co premio Woman Explorer Award que ofrece 20.000 euros para financiar o mellor proxecto liderado por una emprendedora e o premio de innovación Disruptive Technology Explorer Award –impulsado por INDRA-, que brindará 3.000 euros e asesoramento por parte de expertos de Indraventures ao proxecto de negocio mais innovado As entidades colaboradoras locais O apoio local nos Explorer Space de Santiago de Compostela e Lugo ven da man da Universidade de Santiago de Compostela e da Xunta de Galicia, en concreto da Secretaría Xeral de Emprego, Consellería de Economía e Industria.

O Explorer Santiago de Compostela Space atópase no Edificio Emprendia, núcleo da Transferencia de Coñecemento, Innovación e Emprendemento do Campus de Excelencia Internacional da Universidade de Santiago de Compostela - Campus Vida, proporcionado aos participantes espazo coworking e ferramentas para a incubación e a formación, tanto presencial como virtual, asemade para o traballo colaborativo. Ademais, os proxectos premiados neste centro contarán coa dispoñibilidade dun espazo de incubación para o seu proxecto en UNINOVA.

Pola súa banda, o Explorer Lugo Space está na Facultade de Administración e Dirección de Empresas (ADE), dentro do Campus Terra, que xa conta cun espazo coworking a disposición dos emprendedores. A Facultade de Administración e Dirección de Empresas eríxese como un espazo universitario para a creación de valor económico-social, sendo o emprendemento un dos eixos chave para chegar a tal fin. Todo elo, a través dunha cooperación produtiva entre universidade-empresa-sociedade, para a proxección dos coñecementos, capacidades e resultados xerados no Campus e a súa transformación en fonte de progreso e motor de cambio na súa contorna a nivel social, económico e territorial. Ademais, os proxectos premiados neste centro contarán coa dispoñibilidade dun espazo de incubación para o seu proxecto na Fundación CEL.

As actividades destes Explorer Space intégranse no programa de emprendemento da USC que conta como principais axentes a Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento (AVTE) e a Sociedade para a Promoción de Iniciativas Empresariais, S.L., - UNINOVA (Incubadora da USC). O Edificio Emprendia acolle tamén en súas instalación ás sociedades de capital risco UNIRISCO Galicia e UNINVEST. Contado tamén con espazos específicos para a incubación de iniciativas empresariais baseadas no coñecemento xerado na USC

CONTACTO

Localización

UNINOVA

Edificio Cersia Empresa

Rúa do Alcalde Raimundo López Pol
15707 Santiago de Compostela, A Coruña - SPAIN

+34 981 542 494