Formación gratuíta para técnicos en emprendemento no marco do Proxecto SOLA

18 de xaneiro de 2018

A Universidade de Santiago de Compostela acolle o vindeiro 11 de xaneiro de 2018 unha xornada gratuíta de formación dirixida tanto a técnicos universitarios de transferencia e emprendemento, como a asesores ou xestores de outras entidades que traballen no campo da creación de empresas innovadoras.

Durante esta xornada formativa, que terá lugar no Edificio Emprendia da USC, impartiranse en simultáneo os seguintes módulos:

  • Finanzas para emprendedores universitarios
  • Lean Canvas e redefinición estratéxica
  • Propiedade intelectual e industrial
  • Internacionalización de empresas universitarias

Dado que as prazas son limitadas, as persoas interesadas deberán inscribirse enviando un email a: sabela.lopez@usc.es cos seguintes datos:

  • Nome, apelidos, cargo e institución/empresa na que traballa
  • Módulo no que desexa participar. Recoméndase sinalar un segundo módulo de interese, que será asignado no caso de que o de preferencia estea completo.

Esta xornada formativa está enmarcada no Proxecto SOLA (Spin-Off Lean Acceleration (http://www.spinoffleanacceleration.org), liderado pola USC e co-financiado polo programa Erasmus+ da Unión Europea.

DATA: 11 de xaneiro de 2018

HORARIO: 09:30-14:30 h e 16:30-20:30 h

LUGAR: Edificio Emprendia. Campus Vida, s/n 15782 Santiago de Compostela

INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS: sabela.lopez@usc.es |
Tel:+34 881 815577 | http://www.spinoffleanacceleration.org

ASISTENCIA GRATUÍTA E PRAZAS LIMITADAS

CONTACTO