Xornada peche proxecto Spin Up

Xornada peche proxecto Spin Up

22 de setembro de 2022

Os resultados acadados polo proxecto Spin UP para impulsar o emprendimiento presentaránse en Santiago de Compostela o vindeiro martes, 21 de xuño. A cita para coñecer o balance deste proxecto europeo, liderado por Uninova, terá lugar no salón de actos del Área Empresarial do Tambre a partir de las 10:30 horas.

A prioridade de Spin UP foi a creación de empresas a partires da transferencia de tecnoloxía e coñecemento. Para isto, o proxecto puxo en marcha un concurso de ideas para dar resposta a  retos do sector industrial e do ámbito da investigación.

Ademais de coñecer os resultados acadados, a xornada  permitirá coñecer novos detalles do proyecto Sionlla BioTech, que captará empresas biotecnolóxicas a través da oferta de espazos e servizos. O secretario da Asociación Área Empresarial do Tambre, Ramón Lois, será o encargado desta presentación.

O evento contará coa presenza do alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo e do presidente da Asociación Área Empresarial do Tambre, José Fernández Albores. Á cita asisirán tamén representantes do resto de socios do proxecto como: a Secretaria Xeral da Cámara de Comercio de Santiago, Rosa Mary Cardeso Trillo,  o Director Xeral de XesGalicia, Rubén Aguión Seoane, Joana Resende, Pró-rectora da Universidade do Porto para la transferencia de coñecemento e emprendemento e Hugo Costa, Técnico de ANJE.

As persoas interesadas en asistir á xornada de presentación de resultados do Spin UP deben inscribirse previamente a través do enlace . O público pode acudir presencialmente, ou ben, seguir o evento de maneira virtual

CONTACTO