ERASMUS FOR YOUNG ENTREPRENEURS GLOBAL

ERASMUS FOR YOUNG ENTREPRENEURS GLOBAL

28 de abril de 2021

Este programa permite que emprendedores que aínda non crearon a súa empresa pero contan cun plan de empresa elaborado, así como emprendedores que xa a crearon pero teñen menos de tres anos de experiencia xestionándoa, poidan realizar unha estadía formativa de entre 1 e 3 meses de duración cun empresario experimentado en varios países de fóra do espazo Schengen.

Dende abril de 2021 e ata marzo de 2024 vai ser posible a realización de intercambios en pequenas ou medianas empresas dos seguintes países:

  • Estados Unidos (unicamente estados de Nova York e California)
  • Canadá (unicamente rexións British Columbia, Ontario e Quebec)
  • Israel
  • Singapur
  • Corea do Sur
  • Taiwán

Os emprendedores participantes recibirán apoio económico da Unión Europea, cuxo importe dependerá do país no que se realice a estadía. Indicamos a continuación a contía das BOLSAS:

  - un importe fixo por mes de intercambio, que varía segundo o país de destino:

  •   1.000 EUR para intercambios en Estados Unidos e Singapur
  •   900 EUR para intercambios en Canadá, Israel ou Corea do Sur.
  •   700 EUR para intercambios en Taiwán.

 - unha axuda para os gastos da viaxe

  • 800 EUR si se viaxa a Estados Unidos, Canadá, Singapur, Taiwán ou Corea do Sur.
  • 600 EUR para viaxes a Israel.  

VANTAXES que o programa ofrece aos NOVOS emprendedores: 

Oportunidade de mellorar a súa experiencia emprendedora.

Acceso a unha rede de contactos internacionais.

Mellora do coñecemento sobre mercados internacionais.

Desenvolvemento de novas oportunidades de negocio e posibilidade de encontrar posibles socios estratéxicos.

Mellora do coñecemento de linguas estranxeiras.

Axuda económica para a estadía (de acordo ao país de acollida)

Asistencia e apoio por parte do Organismo Intermedio (UNINOVA) durante todo o proceso.

Para poder participar, o novo emprendedor debe cubrir un formulario de inscrición expoñendo as súas motivacións e expectativas, así como subir un plan de negocio e o seu currículum vitae na páxina web do Programa http://www.erasmus-entrepreneurs.eu/, no apartado “APPLY NOW”. Ao final do formulario hai que escoller unha organización intermediaria, nesta selección é onde aparece UNINOVA como Organización Intermediaria (IO) coa seguinte denominación IO224 – UNINOVA - SOCIEDADE PARA A PROMOCIÓN DE INICIATIVAS EMPRESARIAIS INNOVADORAS, S.L.

Para máis información:

UNINOVA

Tel.: +34 881 815 596

e-mail: rosamaria.sanchez@usc.es

CONTACTO